Servicios

Os productos que podes atopar na nosa tenda resúmense nos seguintes grupos.

* Alimentación: froitas, hortalizas, legumes, zumos, conservas, cereais, galletas, confituras, lácteos (leite, diversos tipos de queixos, iogures, natas…),  pastas, licores, viño…

* Textil de algodón orgánico.

* Artigos de artesanía: coiro, cerámica, vidro, madeira, textil, pedra, metal, materiais de refugallo…

* Xogos e xoguetes tradicionais.

* Productos de comercio xusto: Chocolate, café, cacao, azucre, infusións…

Tanto os alimentos como as fibras proceden dun sistema agrario que busca o equilibrio con métodos e materiais que reduzan ó mínimo o seu efecto sobre o medio ambiente. Así están mínimamente tratados, non conteñen ingredientes artificiais nin conservantes, nin son sometidos a radiacións ionizantes, o que significa que a oferta destes productos vai a depender da estación climatolóxica na que nos atopemos. Entre as súas cualidades intrínsecas destacan: a seguridade en relación coa saúde, calidade, sabor, etiquetado homologado, envases que garantizan a súa conservación, variedade, conserva e ausencia de pesticidas.

Por outra banda tamén poderedes atopar unha ampla gama de produtos de artesanía tradicional e moderna de procedencia galega e sempre feitos a man, aproveitando na maioría dos casos os elementos que nos propociona a propia natureza ou reutilizando aqueles que xa non nos son útiles.
En tódolos casos a ausencia de intermediarios asegura un prezo axustado ás necesidades do mercado que favoreza un intercambio comercial xusto tanto para o cliente como para o proveedor ou proveedora.