Dia Internacional do Comercio Xusto 2012

lunes, 27 de agosto de 2012

Para dar a coñecer a cidadanía outro xeito de consumo e alimentación e outro modelo de comercio internacional., AMARANTE Setem e o Sindicato Labrego organizan arredor do Dia Internacional do Comercio Xusto 2012 un nutrido calendario de actividades con mercados transparentes e mercadiños de troco, conferencias, teatros de degustación de produtos de comercio xusto. Tamén 60 cafeterías de Pontevedra e Compostela terán cfé de comercio xusto nos seus locais o 12 de maio como apoio ao día do comercio xusto.

Co lema “CAFÉ CON LEITE AMARGO. FRONTE A PAC, SOBERANÍA ALIMENTAR E COMERCIO XUSTO”, a Asociación AMARANTE SETEM e o SINDICATO LABREGO GALEGO organizan a SEMANA GALEGA DE COMERCIO XUSTO cunha serie de actividades en SANTIAGO, PONTEVEDRA E RIBADEO para visibilizar o impacto negativo das políticas agrarias internacionais nos labregos e labregas e nas persoas consumidoras tanto no Norte, e en concreto en Galicia, como no Sur. Nesta actividade tamén participan colectivos como VERDEGAIA ou a Cooperativa de consumo de Pontevedra A GRADICELA.

A profundización dun mercado liberal onde as políticas cómplices dos gobernos apoian ás multinacionais da industria e da distribución agroalimentaria están levando á ruína a miles de explotacións ó redor do mundo e ou mantendo na pobreza e a explotación a miles de persoas. Ademáis de favorecer alimentos pouco saudables e a degradación medioambiental en prol dos grandes beneficios coa repercusión que ten na saúde das persoas.

Ver noticia : http://www.consomesoudevoras.info/index.php/alimentacion/novas/496-amarante-setem-e-o-sindicato-labrego-organizan-o-dia-internacional-do-comercio-xusto-2012

« Volver Atrás