Empresa
Cousas da Terra é a túa tenda de productos ecolóxicos, artesanáis e comercio xusto en Bertamiráns (Ames). Este proxecto é a materialización de anos de concienciación e inquietude, tanto coa importancia dunha correcta conservación do medio ambiente, como coa equidade social reflectida nas dificultades que atopan certos colectivos de traballadores á hora de dar saída ós seus produtos e o escaso beneficio que obteñen, cubrindo, en moitas ocasións, unicamente os gastos de producción.
Impulsamos o consumo responsable e uns costumes alimenticios sans, de forma que se consiga o menor impacto posible no entorno medioambiental e na propia saúde de cada un, verificando que as materias primas utilizadas sexan naturáis e estén exentas de sustancias nocivas e prexudiciais. Por outra banda, en Cousas da Terra promocionamos o desenvolvemento rural e a producción autóctona, e por iso mesmo unha importante carteira de proveedores será da comarca e arredores.
Tamén realizamos actividades encamiñadas a formación, información e asesoramento do/a consumidor/a para mellorar os seus hábitos. Con iniciativas divulgativas tanto propias como alleas apropiadas para o desenvolvemento do noso proxecto. Queremos convertirnos nun punto de encontro para aquelas persoas que queiran involucrarse en todos estes aspectos.





